Tuesday 30 de April de 2024

Animación e cine para continuar coa programación cultural do verán para público familiar na Pobra


Ao abeiro da programación cultural para o verán destinada ao público familiar que leva á Pobra do Caramiñal un total de catorce actividades de balde ao longo dos meses de xullo e agosto, a vindeira semana contará con sesión de animación e cine no Cantón da Leña.

Dunha banda, Animar-t Teatro ofrecerá no día 19, ás 20.30 horas, o espectáculo A bailar!, no que predominarán os xogos, bailes, cancións, maxia e moitas sorpresas.

E, ademais, ás 22.30 horas do día 21 iniciarase a proxección de A galiña Turuleca; un filme protagonizado por unha ave singular, cuxo aspecto é obxecto de burlas do resto do galiñeiro ata que a cambian a unha granxa e descubre o seu talento oculto.

A mencionada axenda está organizada pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), en colaboración coa Rede Cultural da Deputación da Coruña e Cultura no Camiño da Xunta de Galicia.